O departamento de Cultura da Coruña celebra na Ágora unha nova sesión de Libros en directo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández anuncia que o vindeiro xoves, 30 de xaneiro, o centro Ágora acollerá unha nova sesión do ciclo Libros en directo, onde Agustín Fernández Mallo presentará a súa novela Limbo.

Este ciclo, desenvolvido polo departamento municipal de Cultura, pretende achegar as novidades editoriais á cidade a través dunha conversación entre o autor e o coordinador do ciclo, Pedro Ramos, a quen, nesta ocasión, sumarase Manuel Rivas.

A nova novela de Agustín Fernández Mallo, autor do Proxecto Nocilla, reúne aventura, amor, morte, supervivencia, medo, a idea do clon e as duplicidades; temas que se abordan neste puzzle armado con pezas extraídas de diferentes caixas que lembra a Roberto Bolaño pola multiplicidad de recursos, voces narrativas, historias e escenarios.

O encontro será o 30 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Ágora, con entrada gratuíta até completar o aforamento. Os próximos autores que participarán no ciclo Libros en directo son Eduardo Punset (24 de febreiro), Valérie Tasso (26 de marzo) e Eloy Tizón (21 de abril).

25 de xaneiro de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.