O delegado territorial de Ourense recibe o novo delegado de Gas Natural Fenosa de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Rogelio Martínez xunto ao delegado de Gas Natural Fenosa

Rogelio Martínez xunto ao delegado de Gas Natural Fenosa

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta mañá o novo delegado de Gas Natural Fenosa de Galicia, Juan José Picón. O representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Picón Couselo desde que veu a ocupar, a primeiros de ano, a dirección de distribución eléctrica da compañía eléctrica na nosa Comunidade Autónoma.

Na xuntanza -á que tamén asistiu o delegado da empresa de Ourense, Rubén Menéndez,- abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e analizaron liñas de cooperación para garantir a subministración eléctrica a tódolos ourensáns . Neste senso, Rogelio Martínez ofreceulle ao novo delegado de Gas Natural en Galicia colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no acceso da cidadanía a esta enerxía.

Juan José Picón, enxeñeiro superior industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, incorporouse a Gas Natural en 1994. Catro anos despois, asumiu o proxecto de gasificación en Galicia e en 2005 ocupou a dirección de Gas Galicia e Gas Natural A Coruña. Posteriormente, en abril de 2013 foi nomeado director xeral de Gas Natural Andalucía, cargo que desenvolveu ata o momento no que o designaron para ocupar a dirección galega da compañía.

16 de xaneiro de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.