O Conservatorio de Música súmase aos candidatos do premio Cidade de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Conservatorio de Música pecha a lista de candidatos presentados ao premio Cidade de Pontevedra que se resolverá o vindeiro luns, 13 de xaneiro, nunha reunión do xurado. O Conservatorio foi proposto pola Coral Polifónica de Pontevedra en tempo e forma, pero a candidatura resultou traspapelada no Departamento de Cultura na xornada de onte, cando se pechaba o Rexistro Municipal do Concello. Será o vindeiro luns, ás 13.00 horas cando se reúna o xurado para determinar os gañadores deste premio. As candidaturas son:

Persoa física

• Óscar Graña Blanco, a proposta da Federación Galega de Piragüismo cos apoios do Club Naútico de Pontevedra, Fisionova Fisioterapia e Osteopatia e Club Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.

• Xosé Fortes Bouzán, a proposta da Federación de AAVV Teucro.

• Javier Munáiz Puig, a proposta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, cos apoios do Colegio de Procuradores de Pontevedra, do Colegio Oficial de Aparejadores, Arquitectos Técnicos e Ingenieros de edificación de Pontevedra, do Colegio de Abogados de Pontevedra, da Asociación Amigos de Pontevedra e da Peña da Boina.

Persoa xurídica

• Conservatorio profesional de música de Pontevedra “Manuel Quiroga” a proposta da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra.

• Club Cisne de Balonmano, a proposta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, cos apoios da Fundación Amigos del Camino Portugués a Santiago, Agrupación Deportiva Chan do Fento, Club/Asociación Leis Pontevedra F.S., Asociación Amigos de Pontevedra, Asociación Cultural Deportiva Campañó, Asociación Cabalar do Monte de Campañó, ANPA CEIP Parada de Campañó, Cofradía de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas.

• Rotary Club, a proposta de Cáritas e co apoio de Aempe, Asociación Xuntos e AFAPO.

8 de xaneiro de 2014 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.