O concerto da Banda Municipal de Música da Coruña suspendido celebrarase o 26 de xaneiro
A Concellaría de Cultura informa de que o concerto da Banda Municipal de Música que tivo que suspenderse onte, 19 de xaneiro, celebrarase o vindeiro domingo, día 26, no Palacio da Ópera, ás 12.15 horas.
A entrada ao concerto, que renova o ciclo Inverno-Primavera no Palacio da Ópera, é libre até completar aforamento. Mantense o programa anunciado, con Alberto Busto como trompetista solista convidado (achégase o programa que xa estaba previsto para o 19 de xaneiro, así como unha foto de Alberto Busto).











