O Concello do Carballiño organiza un programa de sensibilización e prevención da violencia de xénero en varios centros educativos da localidade
O programa consta dunha serie de catro sesións que se impartirán ó longo dos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril. Desenvolverase no IES Nº1 do Carballiño, IES Manuel Chamoso Lamas e no Colexio Sagrado Corazón, ós cursos de 1º e 2º da ESO.
Este programa xa se levou a cabo o ano pasado en 1º da ESO, de maneira que para os alumnos de 2º trátase da continuidade do mesmo.
A súa finalidade é sensibilizar ó alumnado sobre a situación da muller nos diferentes ámbitos da vida e modificar pensamentos, actitudes e crenzas de tipo sexista, que xustifican a desigualdade de xénero.











