publicidade hoxe

O Concello de Xove solicita colaboración veciñal durante a Cabalgata de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata o vindeiro domingo 5 de xaneiro. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde  Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade, onde está o Bar A Esquina).

Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos) disfruten de máxima seguridade.

3 de xaneiro de 2014 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.