O Concello de Sober entrega os premios dos concursos de Nadal
O Goberno local do Concello de Sober fixo entrega esta tarde na Biblioteca Pública Municipal dos premios dos concursos organizados durante o Nadal. En concreto, coñecéronse os gañadores do concurso de poesía infantil, postais infantís e do certame de beléns, nas modalidades infantil e de adultos.
A relación de agasallados é a seguinte:
Certame de poesía infantil. Agasallados cun diploma e un lote de libros.
3º Premio: Sara Navarro Doval
2º Premio: Ánxela Jorge Vidal con Bo Nadal
1º Premio: Sabela Jorge Vidal con As voces altas
As tres participan na fase provincial do certame de poesía convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo. Fóra do concurso déuselle un premio especial a Gema Saá González por Un soño de Nadal.
Certame de postais infantís. Premios á participación.
Individuais. Agasallados cun diploma e un lote de libros.
Herbert Trail Bates, Aroa Fernández Sá, Uxía Trail Bates, Alba Varela Losada, Trinidad Crespo Jiménez, Iago Varela Losada, Laura Gómez Grande e Héctor Fernández González.
Colectivos. Agasallados cun diploma e un agasallo.
CEIP Virxe do Carme de Sober, Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º curso de Primaria e PAI do Concello.
Certame de beléns. Premios á participación. Entrega dun diploma e un agasallo.
Individual adulto
Gloria Álvarez Eirés
Pilar Pérez Cuerva
Individual Infantil
Samuel e Sara Losada Vázquez
Paula e Víctor Pérez Pérez
Colectivos
Parroquia de Canabal
Asociación de Veciños de Doade