O Concello de Santiago acomete obras de mellora en Pelamios para evitar as inundacións en épocas de choivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitou o barrio de Pelamios, acompañada dos seus representantes veciñais, para avaliar a marcha das obras de colocación de novas canalizacións na rede de pluviais. O Concello acomete esta actuación co obxectivo de paliar as inundacións que dende hai anos veñen sufrindo os veciños de Pelamios en épocas de precipitacións.

12 de xaneiro de 2014 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.