publicidade hoxe

O Concello de Salvaterra amplía en mais de 4.000 m2 o terreo do Colexio Público Infante Felipe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Xefe Territorial de Educación desprazouse hasta Salvaterra para ver co Alcalde e a Concelleira de Educación o estado das obras de ampliación do Colexio Público Infante Felipe. Unhas obras de ampliación que está asumindo o propio Concello coa expropiación de mais de 4.000 m2, deixando o Centro nas condicións necesarias para unha posible ampliación no futuro,  ademais de facer unha pista polideportiva para o uso dos nenos e nenas do centro escolar, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.  Está no proxecto de ampliación facer tamén unha pequena horta para que os alumnos e alumnas aprendan a cultivar e coidar os productos que nos da a nosa comarca.

Estas obras veñen motivadas pola gran necesidade de dotar ao Colexio de mais metros cadrados, xa que nestes últimos anos a súa matricula tivo un gran crecemento, e as perspectivas e de que siga aumentando, xa que nestes tres últimos anos tan solo en poboación infantil este incremento foi de arredor de 300 nenos e nenas, e Salvaterra foi dos Concellos do Sur de Galicia, en proporción, onde mais creceu a súa poboación.

Nestes  meses tamén o Concello iniciará as obras de mellora da zona de aparcamento para os autobuses e os propios pais que vaian a levar aos seus fillos e fillas ao Colexio,  co retranqueo de parte do muro de peche da zona Este do Colexio. Ademais de empezar tamén coas obras de construcción da nova Gardería ( nenos de 0 a 3 anos),  en 1.000 m2 entre o Pavillón de Deportes Cándido Carrera e as vivendas dos mestres, para 62 nenos e nenas, que será financiada con un presuposto de 610.000€, por parte da Xunta con un 60%, a Deputación cun 20% e o Concello con outro 20%. As obras comezarán antes do verán e terminarán a final deste ano ou a principios do próximo ano.

25 de xaneiro de 2014 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.