O Concello de Ribadumia estrea na súa páxina web unha nova sección de actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia ven de poñer en marcha unha nova sección ACTIVIDADES,  na súa páxina web www.ribadumia.org, onde recolle as principais actividades e cursos que se organizan no municipio. Dotase así de mais contido co fin de incrementar a información da actualidade local e facer partícipes o maior número de veciños.

O Concello conta cunha ampla programación própia de actividades lúdicas, deportivas e culturais que unidas a programación das Asociacións e clubs conforman mais de 20 alternativas para a conciliación, desenvolvemento persoal e mellora da calidade de vida dos veciños. Existen opción para tódalas idades e horarios, dende actividades creativas como pode a pintura, o crochet ou teatro a outras mais dinámicas como a danza moderna ou Zumba pasando por deportes como o tenis, xadrez ou patinaxe.

A iniciativa xorde pola necesidade de coordinar a multitude de opcións e a intensa actividade social do Concello. Periodicamente publicaranse as actividades de todas as entidades, asociacións e clubs locais permitindo poñer a disposición da cidadanía un punto informativo permanente actualizado, co contido de toda a actividade lúdico, deportiva e cultural do Concello.

16 de xaneiro de 2014 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.