O Concello de Ribadumia aproba as cláusulas administrativas para a adquisición dun tractor-desbrozadora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia ven de aprobar na súa última sesión plenaria o prego de condicións para a adquisición dun tractor – desbrozadora. Esta nova maquinaria permitirá manter unha infraestrutura permanente de limpeza coa que optimizar o estado do rural, cunetas das estradas e o adecuado coidado das zonas naturais que son o principal atractivo do Concello.

Neste sentido, o Consistorio da un paso de cara a modernizar o equipamento municipal con unha inversión que permitirá lograr mellores resultados no mantemento do entorno municipal. O emprego desta maquinaria implicaría un menor custe nas accións de limpeza , daría servizo a mais zonas en menos tempo e permitirá unha maior frecuencia das actuacións. Ademais facilitara o desbroze en espazos de difícil acceso, como poden ser as zonas con desnivel, para eliminar os excesos de maleza e cumprir tamén unha acción hixiénica o evitar a proliferación de roedores e réptiles preto das vivendas.

Na actualidade, a labor de desbroze vense realizando varias veces o ano con maquinaria en réxime de aluguer ou de cesión temporal por parte da Deputación de Pontevedra o que supón un maior custe para as arcas municipais e a non disposición restrinxida do servizo.

20 de xaneiro de 2014 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.