O Concello de Ribadumia acolle o I Trofeo de Baile Deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña e o presidente do Club de Baile Deportivo BTroula, Breogán Pérez, acompañados dunha das parellas participantes, presentaron hoxe o I TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CONCELLO DE RIBADUMIA. A competición celebrarase o domingo 16 de Febreiro, no Pavillón Polideportivo Municipal de Ribadumia.

O Concello que colabora coa organización, a través da súa rexedora, mostrou a súa satisfación pola elección de Ribadumia para albergar este tipo de eventos, que sitúa o municipio no punto de mira nacional. Esta satisfacción e maior se cabe o contar cunha balarina de Leiro, Paula Sánchez participante na competición e que representa os numerosos afeccionados do Baile Deportivo en Ribadumia.

A proba recoñecida pola Federación Española de Baile Deportivo e puntuable para o ránking nacional, polo que os deportistas que participen deben de estar inscritos é federados.

Paralelamente a este Trofeo, celebraranse dous eventos con repercusión autonómica e internacional. O primeiro, o CAMPIONATO GALEGO DE 10 BAILES, onde se elixirá a parella que competirá polo título de Campión Galego para esta tempada. A segunda proba será a nivel internacional, o OPEN INTERNACIONAL DE BAILES LATINOS, e que ten prevista a participación de ao redor de 150 parellas procedentes de toda Galicia, de outras comunidades españolas e Portugal.

No Campionato Nacional e no Open Internacional competirán numerosas parellas de moi alto nivel destacando a estimada  participación de actuais Campións de España, ademais dunha gran canteira de novos talentos da Comarca do Salnés.

O Trofeo estará organizado polo Club de Baile Deportivo B. Troula coa colaboración do Concello de Ribadumia. O seu  Presidente, Breogán Pérez, que conta cunha extensa experiencia e popularidade no ámbito do baile deportivo (Bailarín, Xuíz de Baile e Adestrador), será o Director desta Competición. A escola está formada por alumnos de toda a comarca: Ribadumia, Meis, o que garante unha alta participación de bailaríns e público interesados nestes eventos.

24 de xaneiro de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.