O Concello de Ponteceso abre o prazo para inscribirse na viaxe á neve que organiza a Deputación
Viaxe a León para nenos nacidos nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. O prezo será de 36 euros inclúe transporte, estancia en albergue, aluguer de material e actividades varias. Actividade organizada pola Deputación Provincial coa colaboración do Concello. Prazas limitiadas. Efectuarase a preinscrición e, según o número de prazas concedidas pola Deputación, asignaranse por sorteo, diante da Secretaria do Concello. As instancias presentaranse na Casa do Concello ou na Oficina Municipal en Corme.