O Concello de Ponte Caldelas repara dúas viviendas de Caritel para albergar familias en situación de emerxencia social
Operarios do Concello de Ponte Caldelas están a levar a cabo estes días labores de reparación, limpeza e adecuación de habitabilidade nas dúas vivendas existentes en Caritel, coñecidas pola polémica dos realoxos.
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, espera que o inmoble poida estar ocupado por familias do municipio en situación de emerxencia social sen vivenda antes de que comece o próximo verán, unha vez que se finalicen os traballos de pintados, eliminación de problemas de humidade e varias reparacións de elementos existentes nas dúas vivendas, deteriorados polo desuso e o tempo de abandono.
Unha vez finalizada a polémica suscitada por estas vivendas de Caritel, ao ser adquiridas polo Concello de Poio para realizar realoxos e que tivo que ceder ao IGVS despois de que a Xustiza dese a razón ao Concello de Ponte Caldelas declarando eses realoxos ilegais. En marzo do pasado ano o Concello de Ponte Caldelas e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinaron un convenio de cesión durante 30 anos, mercé ao cal estes inmobles se destinarían a familias do municipio en situación de emerxencia social. Trátase dun inmoble que consta de dúas plantas nas que están situadas as vivendas, con leira e edificación anexa.
Así, o Pleno da Corporación Municipal celebrado no mes de marzo de 2013 aprobou os criterios para os alugueres sociais que rexerían para estas dúas vivendas de Caritel e que contemplan, entre os seus puntos máis destacados, que a finalidade principal é facilitar que as persoas que non teñan cuberta a súa necesidade de vivenda habitual, soporten cargas familiares e dispoñan de escasos recursos que lles impidan acceder a unha vivenda no mercado libre poidan dispor dun espazo adecuado ás súas necesidades, á vez que a través dun plan de intervención social póñanse os medios para mellorar as condicións iniciais que motivaron o acceso a estas vivendas, a través da concesión en arrendamento das mesmas.
Os principais criterios aprobados polo Pleno celebrado en marzo do 2013 son:
a) Número de membros da unidade familiar que conviven no mesmo domicilio coa persoa solicitante.
b) Número de menores de idade que formen parte da unidade familiar.
c) Situacións persoais e socioeconómicas da unidade familiar debidamente xustificadas:
– Ser persoa solicitante e ter ao seu cargo outras persoas con discapacidade ou dependencia.
– Ser obxecto de medidas de reacollo e/ou desafiuzamento.
– Familias monoparentais con cargas familiares non compartidas.
– Situacións de violencia de xénero debidamente acreditadas.
– Familia numerosa.
– Unidade familiar na que todos os seus membros, adultos, esgotasen as prestacións por desemprego.
d) Ingresos brutos anuais da unidade familiar: tendo como referencia o valor do IPREM.
O alcalde Perfecto Rodríguez manifestou o seu desexo de pór canto antes estas vivendas a disposición dos Servizos Sociais do Concello co fin de que se proceda, o máis pronto posible, estes inmobles a disposición de familias deste municipio en situación de emerxencia social.











