O Concello de Ponte Caldelas inicia un curso de especializacion en informática

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas pon en marcha un curso de especialización informática dentro do seu plan formativo para mitigar os efectos do desemprego no municipio. Os participantes nestas xornadas adquirirán coñecementos relacionados co manexo de distintas ferramentas ofimáticas que poidan favorecer a súa inserción laboral a curto e medio prazo.

Este curso que agora comieza enmárcase dentro das actuacións deseñadas desde a Axencia de Emprego e Desenrolo Local para combater o desemprego no municipio á vez que permite abrir novas perspectivas laborais e emprendedoras a persoas que se atopan en paro.

Neste sentido o alcalde Perfecto Rodríguez manifestou o seu desexo de continuar con estas iniciativas formativas como maneira de poder axudar aos habitantes neste municipio a poder dispor de mellores ferramentas para incorporarse ao mundo laboral.

O curso impártese no Centro Cultural de Ponte Caldelas baixo a supervisión de docentes na materia que, de maneira didáctica e eminentemente práctica, especializan aos alumnos en diversos programas ofimáticos de aplicación habitual en empresas co fin de que os participantes poidan adquirir a experiencia e destreza necesaria nos mesmos para favorecer a súa contratación.

Ao longo do presente mes o Concello de Ponte Caldelas porá en marcha novas iniciativas formativas de gran demanda entre os cidadáns que se atopan en situación de desemprego e que foron escollidas tendo en conta a realidade laboral do municipio.

13 de xaneiro de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.