O Concello de Palas de Rei promocionase estes días en Fitur

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de Rei
A-
A+

O Concello de Palas de Rei participa estos días na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en Madrid, co obxetivo  de dar a coñecer os atractivos turísticos do municipio e as diversas posibilidades que ofrecen os negocios de hostelería e servicios da localidade.

O alcalde, Pablo Taboada, representa ao ayuntamiento Palense en FITUR, donde amosa as diversas posibilidades turísticas que ofrece Palas de Rei non solo a traverso das dúas rutas de peregrinaxe a Santiago de Compostela (Francesa e Primitiva) que transcorren polo municipio e que son un foco moi importante de visitantes, senón a traverso de númerosos e destacados recursos propios que oferta este municipio, bañado polas augas do río ulla, que van dende: elementos histórico – artísticos e culturais como o Castelo de Pambre, restos castrexos, como o Castro da Aurela, ou exemplos da pegada da arte románica en igrexas como: Vilar de Donas, Merlán, Santiago de Lestedo, San Xulian do Camiño, San Xorxe de Augasantas e Ferreira, así como tamén a importancia da riqueza paisaxística reflectida en numerosos lugares como a Serra do Careon (considerado espazo natural protexido como lugar de importancia comunitaria tanto pola súa flora como pola súa fauna), as Torrentes de Mácara entre outros lugares de interese.

 A oferta hosteleira palense, tanto en aloxamento como en restauración ten un lugar destacado en esta promoción. O municipio conta cun variado elenco de establecementos dispersos pola súa xeografía que van dende os: 10 albergues que dan cabida a máis de 500 plazas, dos cales 4 son de carácter público e os 6 restantes de promoción privada. Pasando por os 6 establecementos catalogados como casas de turismo rural; 8 vivendas turísticas vacacionais; 11 pensións; 3 hoteis dos cales un deles conta cun balneario; e un complexo adicado o ecoagroturismo en Albá.

Trala apertura ao público da fortaleza Medieval de Pambre en xuño do 2010, este monumento, declarado Ben de Interese Cultural, converteuse noutro dos focos importantes de atracción de turistas e visitantes a este municipio. De feito, dende o ano 2010 ata o 2013 dita fortaleza foi visitada por un total de 49.932 persoas de diferentes partes da xeografía española e de outros países

O Concello de Palas, elaborou folletos informativos nos que se explican a posibilidades turísticas que ofrece Palas de Rei, dende: puntos de interese para o visitante, elementos histórico-artísticos destacados, zonas de recreo es esparcimento, aloxamentos de todo tipo (pensións, casas de turismo rural, albergues, vivendas turísticas vacacionais, hoteis, etc). Todo este material divulgativo das potencialidades turísticas que ofrece este Concello do interior de Galicia se amosa estes días en FITUR xunto cos productos autóctonos da terra como claro exponente o queixo da D.O.  Arzúa-Ulloa que tamén se promociona.

23 de xaneiro de 2014 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.