O Concello de Ourense transmite entre escolares coñecementos sobre o aforro de enerxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O CPR Carmelitas acolleu esta mañá o inicio dunha actividade que promove as vantaxes do aforro enerxético entre os escolares, para que se aplique o seu coñecemento nas súas escolas e fogares. Para a Concellería de Educación, un xeito de mudar hábitos de consumo na sociedade para que esta sexa sostible, é transmitir coñecementos entre os nenos sobre o aforro de enerxía a través de charlas, nas que se entregará información e se realizará unha práctica de uso das tecnoloxías.

As charlas fomentarán o aforro enerxético mediante exercicios prácticos entre nenos e nenas, á vez que se realizará un seguemento do programa nas actividades a desenvolver nos centros, e se elaborarán indicadores e unha memoria dos logros acadados por cada un dos participantes.

Participarán na experiencia que hoxe comeza un total de 245 alumnos de 1º e 2º ciclo da ESO.

16 de xaneiro de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.