O Concello de Ourense reunirase con sindicatos, Universidade e Colexio de Arquitectos de Galicia para tratar o PXOM
Representantes das centrais sindicais, da Universidade de Vigo e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia poderán coñecer de preto e resolver todas as dúbidas que desexen, sobre o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado inicialmente no Pleno do Concello do 8 de novembro de 2013, e actualmente en fase de exposición pública.
O Concello de Ourense vén de convidar en tres xuntanzas distribuídas os días 14 e 21 de xaneiro, , xunto ao equipo redactor do propio documento, a representantes da Universidade de Vigo, sindicatos, e Colexio de Arquitectos de Galicia.
* primeira das reunións, o martes día 14 de xaneiro ás 19:30 h, están convidadas:
– María Lameiras, vicerreitora do Campus de Ourense
– Ana Garriga, directora E.S. De Enxeñería Informática
– Mercedes Suárez, decana da Facultade de CC. De Educación
– Roberto Bustillo, decano da Facultade de Dereito
– Pedro Araújo, decano da Facultade de Ciencias
– Elena Rivo, decana da Facultade de CC. Empresariais e Turismo
– Beatriz Pilar, decana da Facultade de Historia
* reunión do martes ás 21 h:
– José Luis Fernández, secretario xeral da UXT
– Ana Barrios, secretaria xeral da CC.OO.
– Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG
Para o martes 21 de xaneiro a partir das 19:30 h está convidado o decano, presidente e representante do Colexio no Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España, Antonio Maroño, así como a xunta directiva e arquitectos colexiados de Ourense que o desexen.











