O Concello de Ourense reforzará a presenza de Policía Local durante as fins de semana
O incremento das demandas cidadás e a necesidade de reforzar os servizos de Policía Local para implementar a seguridade e os controis preventivos levan a que dende o Concello se reforce o número de efectivos policiais durante a fin de semana. Así, dende mañá, xoves día 16 de xaneiro, a Concellería de Policía Local contará cunha patrulla máis en horario diurno de venres a domingo e dúas máis no horario nocturno da fin de semana, de xoves a sábado.
A Concellería de Tráfico e Policía Local persigue coma obxectivo principal con esta medida dar unha mellor resposta tanto en materia de seguridade e tráfico, coma en problemas puntuais que poidan ter máis incidencia neste periodo temporal, coma os controis da práctica do “botellón” ou os controis preventivos aos locais e establecementos hostaleiros de horario nocturno en materia de ruídos ou cumplimento de normativa e aforo.
Melloras na Concellería de Policía Local
O Concello está a desenvolver un plan de melloras na Concellería de Tráfico e Policía Local entre as que se inclúen a renovación e posta en marcha dunha rede dixital das telecomunicacións en sustitución da anterior analóxica, así coma a implementación dos medios de transporte empregados. Estas melloras responden á necesidade de que as forzas policiais estean dotadas de medios que permitan unha rápida operatividade a fin de prestar o servizo máis eficiente á cidadanía.
Á adquisición de dúas novas motocicletas, e un vehículo, máis 3 co sistema de leasing, engádese un novo sistema de comunicacións que incluirá repetidores con tecnoloxía dixital, unha estación base con tecnoloxía dixital, renovación de equipos portátiles, coa adquisición de 3 radioteléfonos con tecnoloxía dixital, display e teclado para mandos, 51 radioteléfonos portátiles con módulo gps integrado, nova monitorización GPS, empregando o estilo cartográfioco de Google Maps, ou similar, que proporcione o posicionamento e rexistro do usuario ou usuaria en tempo real, admita distintos formatos de mapas, petición de posición automática e rutas predefinidas.
No marco deste plan de melloras se procederá a executar o proxecto de acondicionamento e reparación do inmoble onde se ubican as dependencias da Policía Local na rúa Victoria Kent,1, comezando as obras no mes de febreiro. Cunha inversión de 40.000 euros, o proxecto pretende recuperar o estado óptimo do inmoble e contempla a pavimentación dos patios interiores, o suministro e colocación de plaqueta nos exteriores, sustitución das escaleiras para o acceso ás terrazas, limpeza, reparación e tratamento da madeira exterior e rehabilitación dos interiores coa reposición e posta en servizo das portas dos calabozos, reparación de elementos deteriorados, cambio de pechaduras e repintado do inmoble, e a reparación do chan, os teitos e humidades.











