O Concello de Ourense realizará unha inversión de máis de 850.000 euros no perímetro rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, recibiu esta mañá, no despacho da Alcaldía aos representantes da Xunta directiva da Agrupación de veciños e veciñas Miño, entre eles a súa presidenta Lorinda Fernández, presidenta a súa vez da AAVV de Rabo de Galo, José Manuel Casares, presidente da AA.VV As Laxas, das Curuxeiras, Manuel Solveira, presidente da AA.VV de Santa Mariña do Monte, Sara Cruz Rial, da AA.VV Reza e os presidentes das AAVV de Castro de Beiro e Santa Cruz de Arrabaldo. O alcalde estivo acompañado por Áurea Soto, concelleira de Infraestruturas, e José Ángel Vázquez Barquero, concelleiro de Economía e Facenda.

Na reunión tratouse o Plan de inversións no rural e na periferia para o ano 2014, compromentendo unha inversión de máis de 850.000 euros en obras no perímetro rural da cidade. O investimento posibilita a realización de actuacións urxentes no perímetro rural, infraestruturas viarias urbanas e ampliación e mellora do alumeado público.

Entre as obras destacan o acondicionamiento de viarios urbáns en mal estado, a renovación de beirarrúas, a adecuación de pistas e camiños e a renovación das luminarias de alto consumo nos parques e xardíns da cidade.

O desglose concreto das obras é o seguinte:

– Retranqueo de peches na rúa Lonia por importe de 19.601,19 euros e adecuación de beirarrúas por importe de 7.296,32 euros.

– Asfaltado na rúa da Capela, en Eirasvedras, por importe de 78.717,46 euros

– Acondicionamento de vial na rúa dos Carballos e rúa de Lodeiros en Vilar de Astrés, por importe de 46.225,67.

– Construción de beirarrúas na rúa Rábeda no Cumial, cun importe de 58.567,40 euros.

– Acondicionamento do camiño na Fonte do Can, por importe de 13.171,93 euros.

– Acondicionamento da rúa da Burata, cun orzamento de 17.626,34 euros.

– Acondicionamento do camiño Real en Cudeiro por importe de 14.556,38 euros.

– Contrución de beirarrúas e arranxo do vial na rúa do sol en Valdorregueiro, cun orzamento de 55.826,08 euros.

– Acondicionamento na rúa Ricardo Courtier na Milagrosa, por importe de 48.491,62 euros.

– Construción de beirarrúa na rúa do entroido en Vistafermosa, por importe de 10.560,64 euros.

– Acondicionamento de vial entre a rúa río Návea e a rúa Quintián no Vinteún, cun orzamento de 48.745,38 euros.

– Construcción de muro de contención na rúa da Asunción, na Asunción cun importe de 15.762,77 euros.

– Adecuación de beirarrúas nas Camelias cun importe de 6.803,53 euros.

Estas obras implican unha inversión total de 537.105,77 euros para acometer obras necesarias e demandadas polos veciños e veciñas no Perímetro Rural, ás que se debe engadir a mellora do alumeado público coa renovación das luminarias e a introducción dun sistema de telexestión e aforro enerxético en zonas do rural coma Madrosende, Canella do Martelo, Torei, ou outras máis céntricas, como a Avenida da Habana, cun orzamento de 70.000 euros.

Outras actuacións en materia de infraestruturas viarias

Na mesma xuntanzo o alcalde e concelleiros, falaron cos representantes da Agrupación sobre outras actuacións que se desenvolverán en ámbitos urbanos da cidade, coma a renovación dos accesos ao barrio do Cuco, ou a reparación do firme na Habana, Ramón Cabanillas ou Parque de San Lázaro.

Novos accesos ao Barrio do Cuco 

O plan de investimentos inclúe tamén a obra que mellorará os accesos ao barrio do Cuco. A obra resolverá os problemas que hoxendía teñen os veciños e veciñas para acceder ás súas vivendas, dende hai máis de 10 anos, a través dunha pendente que nalgúns puntos ronda o 35%. Trala actuación, na que se investirán uns 360.000 euros, a pendente de acceso creada será do 12%. Neste barrio viven actualmente unhas 100 persoas, en 40 vivendas.

Rehabilitación de firme na Avenida da Habana, Ramón Cabanillas e zonas puntuais de Concejo, Xoan XXIII, Curros Enríquez e Parque de San Lázaro

O Concello procederá á rehabilitación de firme en varios tramos da rede viaria do Concello de Ourense: Avenida da Habana, Ramón Cabanillas e zonas puntuais de Concejo, Xoan XXIII, e Curros Enríquez, proxecto redactado pola Enxeñería Municipal, cun orzamento de 111.487 euros.

Este proxecto, supón na práctica a desaparición do adoquín na totalidade da rúa da Avenida da Habana -actualmente cun “estado de conservación deplorable”, segundo o propio proxecto- “e que esixe actuacións de conservación significativamente intensas ou frecuentes”, ven cumplir cunha demanda cidadá longamente reiterada, e que tivo a súa primeira fase co asfaltado do tramo superior da Habana no ano 2011.

O proxecto propón “corrixir os puntos baixos producidos con mezcla bituminosa, adecuando as capas e os seus espesores para acadar as prescripcións referentes á regularidade superficial”. Asimesmo, contempla melloras nas rúas Xoán XIII, Concello e Curros Enríquez, consistentes en reparar as paradas de autobús e as zonas de estacionamento.

Así, o Concello realizará unha inversión de 26.914,75 euros na rehumanización e acondicionamento das beirarrúas  situadas ao redor do parque de San Lázaro.

Alcorques

Para completar esta fase inicial do Plan de Investimentos en materia de Infraestruturas, o concello está a desenvolver un plan para renovar os alcorques, comezando polas zonas máis céntricas, coma é a rúa do Paseo, substiuíndo os actuais, deteriorados polo paso do tempo, por un material asfáltico en tonalidades roxizas antideslizante, poroso pero cun elevado grado de impermeabilidade.

8 de xaneiro de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.