O Concello de Ourense moderniza a súa identidade corporativa para homoxeneizar a comunicación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local acordou, na súa xuntanza desta mañá, aprobar o Manual de Identidade Corporativa do Concello de Ourense, ferramenta de presentación da identidade do Concello e un medio “para garantir o recoñecemento da institución en cada unha das súas accións, actividades e comunicacións”. O documento recolle por vez primeira, os contidos gráficos do Concello  e homoxeneiza os procesos de comunicación institucional.

O documento recolle a revisión e actualización da imaxe corporativa municipal e pretende normalizar os usos gráficos, ao tempo que define con claridade os elementos de comunicación da institución. Búscase proxectar unha identidade visual clara, sinxela de indentificar polos cidadáns, moderna, flexible e con capacidade para dar resposta ás necesidades de comunicación municipais, actuais e futuras.

O Concello quere con este documento por en marcha un instrumento que simplifique, normalice e racionalice os signos identificativos e demáis elementos da comunicación institucional. Mantendo os elementos esenciais da imaxe institucional anterior, a revisión da lugar a unha identidade visual caracterizada pola súa simpleza e claridade, polivante, e que trascende á institución para representar ao propio municipio, convertíndose nun medio que garanta o recoñecemento da institución ao tempo que identifica á cidade.

O contido que presenta o documento aprobado é unha guía para a correcta aplicación do logotipo e a imaxe corporativa do Concello de Ourense e as normas que detalla deben respetarse en calquera manifestación gráfica da institución.

Así os obxectivos que se pretenden alcanzar son os seguintes, tal e como aparecen reflexados no propio documento:

-Dotar dun recurso básico para que a institución dispoña dunha imaxe global que a identifique, definindo gráficamente a personalidade do Concello, dacordo coas esixencias dos diversos soportes, cunha imaxe sobria, eficaz e homoxénea que consolide a presenza gráfica da institución na sociedade.

-Adaptar a imaxe do Concello a novos escenarios, simplificando e modernizando os valores históricos e a grafía da institución adaptada aos tempo actuais

-Recoller os elementos que forman parte desta identidade e sementar as bases para o seu uso en aplicacións presentes e futuras.

Así, contribúese a difundir unha imaxe unitaria e coherente que transmita os valores da institución e centre a imaxe que a cidadanía ten do Concello, homoxeneizando o material comunicativa e convertendo os soportes municipais en sinerxias informativas, ao tempo que se simplifican e clarifican os procesos administrativos, técnicos, de comunicación e de protocolo.

Identidade básica e usos

O documento desglósase en 4 partes, máis os anexos onde se recollen as recomendacións técnicas e os logotipos municipais.

A primeira parte contempla as definicións e criterios básicos de aplicación do documento e a identidade corporativa municipal.

O primeiro epígrafe, baixo o título “Identidade básica” inclúe a revisión dos símbolos esenciais da identidade do Concello, coma o escudo e o logotipo. No caso do escudo, se reducen as cores e as liñas básicas nunha adaptación e vectorización do escudo oficial, favorecendo unha mellor e máis rápida identificación do mesmo. Mantéñense os seus elementos identificativos, respectando a heráldica, coa simplificación de elementos que repercuten nunha maior limpeza de lectura e unha imaxe máis moderna.

O logotipo estruturase en dúas seccións, incorporando na caixa esquerda a adaptación do escudo oficial e na caixa dereita a denominación “Concello de Ourense”, priorizando a palabra Ourense sobre a totalidade do conxunto.

Nesta parte o documento describe as prescripcións técnicas que se deben ter en conta, coma as zonas de protección, proporcións, medidas máximas de reducción, usos incorrectos e as tipografías empregadas e que deben rexir a comunicación institucional.

O segundo apartado recolle as normas xerais no referido á papelería corporativa: impresos e trámites, carpetas, sobres, tarxetar, sinaturas e presentacións. A papelería, pola súa frecuencia de uso, constitúe un excelente vehículo difusor da identidade gráfica.

O terceiro apartado faise referencia ás normas xerais de comunicación e publicidade co obxectivo de estandarizar os formatos, a cartelería, publicidade, propaganda, medios audiovisuais e dixitais, e sinaléctica municipal.

Xa os anexos, recollen unha serie de recomendacións técnicas de preimpresión, no referido aos tamaños, extensión e cores entre outros, e se desglosan os logotipos de identificación das Concellerías.

Esta renovada identidade tenta que en calquera comunicación institucional se vexa reflexida a imaxe do Concello de Ourense cunha identificación clara, eficaz, neutra e moderna.

Implantación e difusión da Identidade Corporativa

O documento estará a disposición de todos e todas os seus usuarios na páxina web do Concello, nun lugar visible da páxina ourense.es, e no que se poderá descargar tanto o documento coma os recursos necesarios do mesmo. O documento posúe o carácter de básico  e é susceptible de ser ampliado a medida que xurdan novas necesidades en materia de comunicación.

2 de xaneiro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.