O Concello de Ourense inicia 3 novos cursos para xóvenes de 15 a 35 anos
O Concello de Ourense pon en marcha tres novos cursos dirixidos a mozos e mozas de 15 a 35 anos, cuxo prazo de inscrición comeza mañá, martes 21 de xaneiro. A Concellería de Xuventude dará comezo, no mes de febreiro aos cursos de manipulador de alimentos, fotografía dixital e habilidades sociais e relacións interpersoais, buscando estimular e favorecer a participación social dos mozos e mozas con actuacións educativas, que garantan a formación para o emprego e a adquisición de habilidades transferibles e outras profesións, facilitando a súa adecuación a un entorno profesional.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgún dos cursos, poden formalizar a súa solicitude na Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño, 2, baixo dereita, ou no aderezo electrónico xuventude@ourense.es.
O programa dos cursos é o seguinte:
Manipulador/a de alimentos e hixiene alimentaria
Datas: luns e mércores do 12 de febreiro ao 19 de marzo
Nº de horas: 20 h
Horario: de 16:30 a 18:30 luns e mércores
Nº de alumnos: 20
Prezo: 21,40 €
Lugar: Centro de Formación Rúa Nova S.L. Rúa Nova nº 17 baixo
Fotografía dixital
Datas: martes, do 11 de febreiro ao 20 de maio
Nº de horas: 35 h
Horario: de 17:00 a 19:30, os martes
Nº de alumnos: 15
Prezo: 32,10 €
Lugar: Local Social do centro da Agrupación Miño, R/ Doctor Marañón nº 6 baixo
Habilidades sociais e relacións interpersoais
Data: venres e sábado 15, 21, 22 e 28 de febreiro, 7, 8, 14 e 15 de marzo
Nº de horas: 30 h
Horario: venres de 16:00 a 20:00, sábados de 10:00 a 14:00
Nº de alumnos: 20
Prezo: 32,10 €
Lugar: Local Social do centro da Agrupación Miño,R/ Doctor Marañón nº 6 baixo











