O Concello de Ourense aproba as bases para o concurso de comparsas deste Entroido 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as bases para o Concurso de Comparsas de Entroido, así como a elección do Rei/ Raíña do Entroido. O Entroido, que terá lugar entre os días 28 de febreiro e 5 de marzo, é festa de interese turística, e unha das que se vive con maior participación dos ourensáns. Este concurso está aberto a asociacións de veciñas, veciños, culturais, xuvenís, grupos, colexios… etc. En total repartiranse máis de 6.000 euros en premios.

As inscricións das carrozas e/ou comparsas faranse na Concellaría de Cultura (sita no Auditorio Municipal) en horario de oficina, por teléfono no nº 988 39 12 90, no fax 988 23 25 77 ou no mail de cultura@ourense.es.As do Rei / Raíña poderanse facer con antelación ou o mesmo día (domingo 2 de marzo) na Praza Maior.

27 de xaneiro de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.