O Concello de Oleiros investirá 85.228 euros en aforro enerxético no eixo Empresarial Perillo-NVI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concelllo de Oleiros investirá 85.228 euros en implantar medidas de aforro enerxético no eixo Empresarial Perillo- N-VI. Na actualidade esta zona é o solo industrial de maior ocupación do municipio e atópase en constante desenvolvemento desde hai máis de trinta anos. Esta iniciativa do Goberno local pretende potenciar o aforro de enerxía eléctrica neste ámbito mediante a reordenación e renovación das instalacións de iluminación pública existentes, acadando ao mesmo tempo unha mellora do servizo grazas ao emprego das máis modernas tecnoloxías no ámbito da iluminación.

Ademais os traballos permitirán acadar unha rebaixa considerable nos custos de mantemento e diminuirase a contaminación lumínica, co que se acadará un contorno moito máis sustentable. Para conseguir estes obxectivos instalaranse sistemas telexestionados para a regulación do consumo nos centros de mando de iluminación, substituiranse as luminarias obsoletas actuais por luminarias de alta eficiencia tipo led e reordenarase a disposición de centros de mando actuais. A estimación do aforro anual en consumo eléctrico que acadarán estas medidas é de 20.000 euros anuais.

14 de xaneiro de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.