O Concello de Oleiros envía material a Camerún
O Concello de Oleiros, coa colaboración do Cosal, e a través da Oenegé Equus Cebra, realiza un envío de material a localidade de Yaundé, en Camerún. Está previsto que a finais deste mes un contedor de 40 pés cuxo peso estimativo é de 14.000 quilogramos cargado de roupa, calzado para adultos e infantil, material informático, material médico, pupitres e cadeiras e material escolar. Yaunde é a segunda cidade deste país africano, así como o seu principal centro económico, atópase na o zona centro do país. Todas estas características convértena no sitio idóneo para distribuír o material entre as zonas máis desfavorecidas, principalmente hospitais, orfanatos e centros educativos. O Concello de Oleiros sensible a esta situación que vive toda África subsahariana e dada a traxectoria de Equus Zebra e o seu traballo na comarca coruñesa ao longo da última década decidiu colaborar aportando material e sufragado parte de este envío.











