O Concello de Oleiros destina 15.000 a mellorar os pavillóns Arsenio Iglesias e A Rabadeira
Santa Cruz e Oleiros. Estes traballos teñen por obxectivo mellorar as instalacións. No pavillón da Rabadeira cambiaranse de sitio as canastras de baloncesto para adaptalas ás novas delimitacións da cancha. Pola súa parte, en Santa Cruz cámbiase unha das portas de acceso que está en mal estado. Así mesmo dótase a instalación dun acceso para vehículos de mantemento e permitindo albergar eventos nos que sexa necesario introducir material pesado a través de vehículos.











