O Concello de Nigrán lamenta a retirada de persoal das peaxes pola escaseza de tráfico na AG-57
En relación á decisión adoptada pola Xunta de Galicia que permite a Autoestradas de Galicia a retirada de persoal das peaxes na comarca pola escaseza de tráfico, o Concello de Nigrán lamenta a perda de postos de traballo avalada por datos meramente económicos vinculados á concesionaria, e considera necesario que, baixo o argumento do reducido tráfico rodado, ábrase un período de reflexión e análise que desemboque na mellor solución para todas as partes implicadas.
“Si a clave está no escaso tráfico da AG-57 nestes tramos, a solución debería pasar por abaratar o custo da peaxe, atraendo así a máis usuarios que fagan máis rendible o servizo”. Máis aló desta cuestión, Valverde defende implantar a gratuidade deste servizo nos traxectos da AG-57 que discorren dentro da comarca do Val Miñor, e así llo transmitirá á Xunta de Galicia nun escrito que remitirá á administración autonómica nos próximos días.











