O Concello de Neda valora positivamente a decisión de Pemex
Despois de que na pasada madrugada Pemex confirmase a construcción dos dous floteis nos astaleiros galegos, o Concello de Neda, por boca do seu Alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, valorou moi positivamente esta mañá a consecución do primeiro contrato para Navantia nos últimos seis anos. Un contrato comprometido e xestionado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. En todo caso, Ignacio Cabezón insta á dirección de Navantia en Madrid a intensificar a labor comercial e facer todos os esforzos posibles e imposibles de cara a lograr carga de traballo para a compañía. Así, dende Neda, seguirase apoiando as reivindicacións para garantir a viabilidade do sector naval, vital non só para Ferrol, senón para toda a comarca.











