O Concello de Neda procederá á reposición do tramo de valla de seguridade desprendida na curva do Poulo
O Concello de Neda anunciou esta mañá a inmediata reposición dun tramo de valla de seguridade desprendida na estrada AC 862 á altura das curvas do Poulo. Mobiliario que permite salvar o desnivel duns tres metros existente entre a beirarrúa e unha finca contigua. Dende a Administración local lémbrase que tempo atrás un vehículo levou por diante a citada valla. Vehículo que se deu á fuga. Foi entón cando o Concello actuou de oficio e apuntalou a estructura de forma provisional. Porén a valla viuse abaixo esta semana e, tras unha visita técnica realizada esta mañá polo arquitecto municipal, o Concello anunciou a inmediata reposición da estructura.











