O Concello de Neda acondiciona a antiga parada de taxis como área de estancia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Área acondicionada

Área acondicionada

O Concello de Neda anunciou esta mañá o remate das obras de acondicionamento da antiga parada de taxis, no lugar da Toeleira. Uns traballos que comezaban coa retirada dunha marquesina e dunha cabina telefónica en moi mal estado e a instalación de novo mobiliario urbano. Entre este, un banco en madeira tratada e ferro forxado e tres xardineiras con diferentes prantas que darán cor ao lugar. Así mesmo, o Concello tamén delimitou a zona cun pechamento acorde con este mobiliario, tamén a base de madeira tratada.

Os traballos foron realizados por operarios contratados pola Administración local ao abeiro da convocatoria de axudas concedidas pola Xunta de Galicia no marco dos Plans de Cooperación e parte do mobiliario é reciclado, xa que formaba parte dos fondos do Concello e tan só foi preciso restauralo. Así mesmo, o Concello quere agradecer a colaboración da empresa local Madeiras Xuvia, que participou nos traballos.
Doutra banda, o Concello prevé rematar mañá venres os traballos de pintado da entrada e pasillos do colexio público Maciñeira, tal e como tiña comprometido o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, nunha recente visita cursada ao centro educativo. Deste xeito, cumpriráse o obxectivo de que as tarefas non obstaculicen o desenvolvemento das clases.

2 de xaneiro de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.