O Concello de Mos aposta polo carácter social na programación dos seus obradoiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, informaron hoxe de que o Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Mos  vai promover para o ano 2014 un novo proxecto de Obradoiro de Emprego, de marcado carácter social, a través da convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia  con data  10.01.14 .

O Obradoiro do Concello de Mos, está centrado en 2 proxectos :

REHABILITACIÓN DA CASA RECTORAL DE PETELOS-MOS

Recuperación e rehabilitación de varias estancias  deste emblemático edificio, máis un palomar  para poñer en valor o patrimonio histórico e cultural do Concello de Mos.

O obxectivo desta rehabilitación e poder dotar o concello  dun espazo social para a terceira idade.

Para a rehabiliación deste edificio terán que traballar conxuntamente 3 especialidades (cantería , carpintería e xardinería).

As obras contempladas no obradoiro incluen un proxecto global de rehabilitación do conxunto de edificación da antiga Casa Reitoral de Petelos . Os traballos concentraranse na edificación, así como traballos de recuperación do Pombal e pequenos traballos de urbanización da parcela, e completados con traballos de carpintería e xardinería.

 Os traballos da especialidade de cantería estarán centrados na recuperación das fachadas da edificación principal e de muros de peche, reconstrucción de elementos singularese  recuperación do pombal.

Os taballos de carpintería estarán centrados na reparacións de vigas de madeira existentes mediante o tratamentos específicos, estrutura de madeira para os pisos e para a cuberta. Ademais construirase unha ponte de madeira de acceso ao Centro de Maiores.

As tarefas de xardinería estarán centradas  no acondicionamento exterior do terreo da Casa Rectoral para a implantación de xardísn ou zonas verdes.

REBAHILITACIÓN DOS ESPAZOS NATURAIS DO CONCELLO :

>Mantemento e mellora do parque municipal de sanguiñeda

>Mantemento de parque e zona verde do campo da feira

>Mantemento do entorno exterior do multiusos

O acondicionamento e mellora destas zonas verdes e  parques permitirá melllorar a imaxe dos mesmos, aportando novos espazos verdes para o goce da poboación mosense .

As actuacións a realizar estarán enfocadass o mantemento e mellora de elementos vexetais ( manter e mellorar o céspede , saneamento e poda das árbores, mantemento de macizos e plantas, mantemento de estanques e plantas acuáticas, operación de control fitosanitario), así como tamén a reposición de elementos, labores de limpeza e operacións de conservación.

Para a posta en marcha desdes Obradoiros é fundamental a aportación económica por parte da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo , pero ademais o concello contribue cunha aportación económica importante

Asimesmo manifestaban o marcado carácter social que se está a promover desde o Concello en este tipo de Obradoiros, e puñan como exemplo A Aldea Alfacuca, rehabililitada durante diversos obradoiros  municipais de emprego, e sita na parroquia de Louredo, que recentemente cedeuse mediante acordo de concesión directa a Aceesca, para que a asociación traballe nas instalacións a prol da defensa e mellora das condicións de vida, do fomento do desenvovemento cultural e social, da potenciación dos principios de solidariedade, igualdade, xustiza e liberdade, e promoción di dereito á saúde das persoas con discapacidade veciños e veciñas de Mos e demais municipios da área. Esta asociación, entidade sen ánimo de lucro, de educación especial, levará a cabo nos próximos dez anos, o proxecto de actuación na aldea que leva por título ‘Medrar na Aldea Alfacuca’. Este proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, da súas familias e do seu entorno, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía persoal e autodeterminación.

Informaron tamen que a finalidade destes obradoiros e a de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoitos ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral ou social, xunto con formación profesional para o emprego.

Estes obradoiros de Emprego teñen unha duración de 6 meses ,cunha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a practica profesional. A través dos cales quere darselle a oportunidade a 34 mosenses de poder recibir formación e experiencia laboral para poder acceder o mercado laboral con mais oportunidades e competencias profesionais. Este obradoiro vais destinado a aquelas persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego  e que cumpran cos requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe.

Durante a participación no Obradoiro , os alumnos-traballadores recibirán un salario correspondentea 100% do salario mínimo interprofesional , incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

O comenzo deste Obradoiro ten como data límite o 30 de setembro de 2014.

Planteanxe 3 especialidades formativas enfocadas a obter un certificado de profesionalidade:

-Cantería

Colocación de diversos elementos constructivos en pedra natural tales como mampostería, sillería e perpiaño para a formación de muros e cerramentos, revestimentos mediante o sistema de fachadas ventiladas , así como elementos singulares de pedra natural (fontes, escudos, escaleiras macizas, balaustradas,…) e mobiliario urbano.

-Carpinteria

A través de esta especialidade os alumnos-traballadores podrán conseguir o certificado de profesionalidade completo de “Traballos de carpintería e moble”, a través do cal adquirirán a competencia xeral de poder operar  con equipos de mecanizado para a fabricación de elementos de carpintería e moble e colaborar na súa montaxe e instalación. Ademais recibirán a impartición de 3 unidades formativas pertencentes a outros certificados de profesionalidade da familia da madeira 

e adquirirán coñecementos para a preparación dos equipso para a aplicación de productos de acabado (barnizado), así como a instalación e montaxe de portas e ventas.

-Xardinería (Certif. de profesionalidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes)

A través desta acción formativa, os/as alumnos-traballadores , executaran operarións de instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior , exterior e zonas verdes, controlando a sanidade vexetal, aprendendo a manexar maquinaria e apeiros de xardineria.

20 de xaneiro de 2014 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.