O Concello de Marín rexistrou 56 recollidas de cans durante os 8 meses que leva adscrito ao servizo provincial de recollida de animais
Desde o mes de abril de 2003 o Concello de Marín esta adherido ao servizo provincial de acollida e recollida de animais da Deputación Provincial de Pontevedra na Armenteira.
O balance destes 8 meses de posta en marcha deste servizo de abril a decembro podemos dar os datos de que se realizaron 56 recollidas de cans e o servizo que se presta está englobado en que no Centro de acollida e protección de animais.
Os concellos son os responsables deste servizo e en consecuencia é a Policía Local e Protección Civil a que alerta dun caso de calquera abandono dun can.
Realízase a chamada ao centro que se desprazan para a recollida do animal e trasládano ás súas dependencias.
Si o animal está identificado correctamente contáctase co seu propietario.
Si o animal non está identificado será considerado abandonado si no prazo de 20 días non é reclamado polo seu propietario.
Neste centro procédese a identificar e rexistrar aos animais que é obrigatorio realizalo desde o ano 2002para todos os cans.
O abandono pode ser causante mesmo de numerosos accidentes de tráfico e en consecuencia producir desenlaces fatais para persoas e animais.
Neste centro, unha vez que o dono non o reclama e o animal non está identificado promóvese a adopción.
O custo da adhesión do concello de Marín a este servizo provincial e que soluciona moitos problemas é de 0,30 € por habitante cun custo anual aproximado de 7.500 euros ao ano.
O concello de Marín quere concienciar ás persoas que teñen un animal que non o abandonen e que son susceptibles de ser denunciados.
Están a realizarse campañas contra o abandono de animais incidindo desde o concello en que é necesario facer un esforzo en manter a limpeza nos espazos públicos e beirarrúas da sucidade que provocan os cans, apelando á responsabilidade dos donos para o uso da bolsa para a recollida de excrementos que tanto molestan e ensucian o aspecto de parques, xardíns e beirarrúas.











