O Concello de Lugo participa nun foro de turismo previo a Fitur

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, asiste hoxe, en Madrid, ó 7º Foro Exceltur adicado ó tema “O Turismo: sector clave para reforzar a marca País”.

O Concello de Lugo foi convidado por Exceltur a participar neste Foro no que se desenvolven distintos paneis e que conta coa intervencion de autoridades políticas e representantes das empresas e asociación turísticas de diversos lugares do mundo.

Nel estanse analizando os puntos fuertes e débiles do turismo así como a necesidade de coordenación entre as administracións e as empresas.

O Foro foi inaugurado polo Presidente de Exceltur, o chantadino Amancio López, e polo Presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy.

21 de xaneiro de 2014 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.