O Concello de Lalín asina un convenio colaborador coa Fundación Universitaria San Pablo-CEU

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+
Lalín asina un convenio coa Fundación Universitaria San Pablo-CEU

Lalín asina un convenio coa Fundación Universitaria San Pablo-CEU

O alcalde de Lalín, José Crespo, asinou hoxe en Madrid co presidente desta prestixiosa institución académica, Carlos Romero, o dito convenio de colaboración entre as dúas institucións en materia educativa, cultural que sexan beneficiosas para ambas as dúas institucións

O alcalde de Lalín, José Crespo, asinou hoxe en Madrid (sede de San Pablo CEU) un convenio marco de colaboración entre o Concello de Lalín e a Fundación Universitaria San Pablo-CEU para desenvolver as liñas de colaboración entre as dúas institucións en materia educativa, cultural, etc. que sexan beneficiosas para ambas as dúas institucións

O dito acordo foi rubricado por Crespo e polo presidente do Padronato da Fundación Universitaria San Pablo-CEU, Carlos Romero e contou coa presenza do lalinense e Comendador do Cocido, Andrés Ramos, viceconsiliario nacional da ACdP (Asociación Católica de Propagandistas) e director de Pastoral e Voluntariado de San Pablo-CEU.

A carón deste convenio tamén se poderán organizará a realización de accións formativas conxuntas de calquera nivel como conferencias, congresos, seminarios, xornadas e formadores e expertos, recursos didácticos; intercambio de actividades de asesoramento entre ambas entidades; organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción da investigación en todos os ámbitos se no desenvolvemento tecnolóxico, e en particular de todos os estudos e actividades que redunden no desenvolvemento económico e social da localidade de Lalín.

Así mesmo tamén se poderán realizar accións conxuntas de actividades culturais entre o CEU e o Concello de Lalín, así como a utilización de instalacións que para tal fin dispoñan ambas partes, así como para calquera outra actividade no ámbito deste convenio marco que redunden en beneficio propio. As actividades que se desenvolvan no marco deste convenio marco rexeranse por convenios específicos que posteriormente se podan subscribir.

27 de xaneiro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.