O Concello de Ferrol remata a substitución da soleira baixo o patio cuberto do CEIP San Xoán de Filgueira
A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, informou hoxe da finalización das obras de substitución da soleira situada baixo o patio cuberto do CEIP San Xoán de Filgueira. Esta actuación de conservación e mantemento, adxudicada á empresa “O Coto SC”, tivo un prazo de execución dun mes e un importe total de 13.063,76 euros.











