O Concello de Ferrol recibe unha sentencia favorable en relacion ao abono do IBI
O concelleiro responsable da Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos, Alejandro Langtry Caínzos, informou hoxe en comisión informativa aos grupos municipais de dúas sentencias relativas ao recurso de apelación presentado por Entaban Combustibles de Galicia S.A. pola liquidación do ICIO, e ao recurso de Correos contra a liquidación do IBI. Outros temas tratados na comisión desta mañá foron: FIMO, mercado de Caranza e o parque Raíña Sofía.
Así as cousas, o edil Langtry Caínzos deu conta da sentencia da sala do contencioso – administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contraria ao Concello de Ferrol e a favor de Entaban Combustibles de Galicia S.A. En devandito fallo se considera que a inspección do ICIO queda anulada por dispoñer a obra de liquidación definitiva previa á inspección. O titular de Economía sinalou que o Concello recorrerá esta sentenza en interese de lei paras que quede fixado un criterio definitivo sobre si se poden ou non inspeccionar as obras con liquidación definitiva practicada. No que atinxe ao recursos de Correos pola liquidación do IBI de 2013, o xulgado contencioso – administrativo número 1 de Ferrol vén de dar a razón ao Concello. A contía que Correos ten que abonar ás arcas municipais en concepto de IBI polo edificio situado na praza de Galicia ascende a un total de 10.253,22 euros.
Noutra orden de cousas, Langtry Cainzos informou aos grupos municipais que a Deputación Provincial da Coruña abonou xa a subvención de 120.000 euros a FIMO. Ademais, sinalou que se está á espera de que a Xunta de Galicia –entidade tutelante da Cámara de Comercio- cre a comisión xestora do organismo cameral. “O Concello ten moito interese en desbloquear este asunto”, apuntou Langtry Caínzos, “xa que hai moitas cuestións de FIMO que arranxar, entre outras, habería que pagar a nómina aos traballadores xa que neste momento hai liquidez”, engadiu.
Mercado de Caranza e parque Raíña Sofía
En relación ao mercado de Caranza, o responsable da Área de Economía do Concello de Ferrol informou en comisión que autorizouse a unha empresa a depositar terra sobrante dunha obra na parte traseira destas instalacións co obxectivo de adecuala parcela e mellorar o aparcamento. E, por último, o edil sinalou aos grupos municipais que se está estudando a posibilidade de recuperar a antiga cafetería no parque municipal Raíña Sofía.











