O Concello de Ferrol presentará en Fitur as súas novidades e proxectos turísticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

A concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, María del Carmen García Fraga, presentou esta mañá as diferentes accións de promoción da cidade naval que se levarán a cabo na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR 2014). FITUR é a feira de turismo de maior repercusión que se celebra no noso país e tamén unha das máis importantes a nivel mundial, dado o importante papel que desenvolve España como país receptivo de turistas.

Este ano, como novidade, farase promoción da Ruta da Construción Naval dentro da Guía FITUR 2014, cunha tirada de 100.000 exemplares e que se entregará en man a tódolos asistentes á feira. Esta guía recolle toda a actividade da feira expositiva e tamén incorpora un especial escapadas, “polo que resulta un magnífico escaparate a nivel de imaxe e de información”, dixo a edil de Turismo. Este anuncio do produto estrela de Ferrol levará incorporado un código QR que enlaza directamente coa páxina web da Ruta da Construción Naval, así como as direccións dos perfís de turismo da cidade nas redes sociais.

Por outra banda, a concelleira responsable das políticas turísticas sinalou que o vindeiro martes 22 de xaneiro -data en que se inaugura a feira- a Deputación Provincial da Coruña realizará unha intervención na que se falará dos eventos “III Crossroads of Europe” e “V Congreso Internacional de Turismo Industrial” que se celebrarán no mes de xuño na cidade naval. Esta intervención contará co apoio do alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, posto que a cidade naval será este ano e por designación da Comisión Europeoa a sede destes dous importantes acontecementos.

No que atinxe á presentación da cidade naval, se realizará baixo o slogan “Ferrol te invita. Novas accións de promoción e comercialización”, onde mostrará as súas novidades e proxectos. Durante esta posta de largo da oferta turística do municipio ferrolán darase a coñecer o novo lema turístico de Ferrol; e na mesma estarán presentes  representantes dos concellos do xeodestino Rías Altas-Ferrolterra; así como diferentes turoperadores e axencias maioristas de Galicia, do resto de España e algunhas internacionais, cos que se celebrarán reunións individuais para comercializar paquetes turísticos que axuden a dinamizar a economía da cidade.

Entre outras medidas de promoción, os asistentes poderán visualizar un novo spot sobre Ferrol ou coñecer unha serie de paquetes turísticos, tanto individuais como para grupos, que recollen os principais atractivos do termo municipal ferrolán. Algúns dos paquetes son: iniciación ao surf, que incluirá as magníficas oportunidades da práctica deste deporte; a Ruta da Construción Naval, estrela dos paquetes; a Ruta do Modernismo e Meninas de Canido, para gozar as xoias arquitectónicas da cidade; ou Ferrol ao completo, pensado para unha estancia de dous noites, unha escapada que combina o urbano cos paisaxes e as praias. “Trátase de mostrar aos turoperadores que Ferrol pode ser o epicentro, o punto de parida para unha estancia máis longa nas Rías Altas galegas, gozando dos mellores paisaxes, actividades culturais e gastronomía, xa sexa dun viaxe vacacional ou unha estancia de negocios”, dixo García Fraga.

Web máis dinámica e outras tecnoloxías

Ademais, anunciou a próxima posta a disposición dunha nova páxina web específica de turismo cun deseño moderno e atractivo, adaptado aos dispositivos móbiles e con contido que se poderá compartir nas redes sociais. “Será dinámica, con noticias, eventos de interese, e o punto de partida da nosa actividade on-line” engadiu a edil ferrolá. Así, estase a traballar na posibilidade de comercializar, a través dunha axencia, a oferta de paquetes turísticos na propia web.

Outros elementos en materia de novas tecnoloxías como a aplicación “Tour&Phone” para smarthphones -baseada na xeolocalización e as redes sociais-, a elaboración de catro audioguías de rutas turísticas -proxecto financiado con Fondos FEDER dentro do proxecto Urban-, a instalación de rede wifi nos parques e prazas públicas ferrolás, son iniciativas que se suman a esta nova web “co fin de que a cidade naval estea preparada para satisfacer as esixencias dos novos turistas, os turistas do século XXI” sinalou a concelleira de Turismo.

Esta nova páxina web súmase a outros elementos en materia de novas tecnoloxías a través dos cales se dará a coñecer Ferrol, como a aplicación “Tour&Phone” para smarthphones, baseada na xeolocalización e as redes sociais; ou a elaboración de catro audioguías de rutas turísticas, proxecto este último financiado con Fondos FEDER dentro do proxecto Urban;

 

17 de xaneiro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.