publicidade hoxe

O Concello de Cerdido xa ten aberto o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCerdido
A-
A+

A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2014 puxo en marcha unha Campaña de Esquí na estación invernal de San Isidro para 500 nenos/as de toda a provincia, nacidos nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Este concello xa solicitou a súa participación no programa, pero aínda non sabemos de cantas prazas dispoñemos. De tódolos xeitos, os rapaces e rapazas que estean interesados en participar nesta actividade, e que cumpran os requisitos esixidos, deberán inscribirse no concello.

A Deputación responsabilízase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos: transporte dende os puntos de recollida, estancia en albergues, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e outras actividades. Cada participante deberá aboar unha única cota de 36 €.

En caso de haber máis rapaces/as anotados que prazas dispoñibles, farase un sorteo público nas oficinas municipais.

13 de xaneiro de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.