O Concello de Cedeira participará na Campaña infantil de Esquí San Isidro que promove a Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira anunciou a súa participación na Campaña de Esquí San Isidro, que promove a Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa de León. Unha campaña que se inclúe na programación provincial deportiva do ano 2014 e que facilita a estancia de nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2003 na estación invernal de San Isidro (León), onde disfrutarán dunha fin de semana adicada ao esquí e a actividades relacionadas con este deporte. O importe a sufragar, coa subvención da Deputación, é de 36 euros. O Concello xa recibiu a notificación da Deputación de que lle concederá prazas neste programa e, dende a Concellería de Deportes, sinálase que unha vez lle comuniquen oficialmente o número de beneficiarios abrirá o correspondente prazo de inscripción para que os nenos e nenas interesados poidan apuntarse.

14 de xaneiro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.