O Concello de Cedeira abre o prazo de inscripción para participar na campaña de esquí da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de abrir o prazo de inscripción para participar na Campaña de Esquí San Isidro, que promove a Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa de León. Así, este ano, a institución provincial concedeu ao municipio tres prazas. Dende a Concellería de Deportes infórmase de que os nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2003 interesados na iniciativa deben presentar a súa solicitude antes do próximo 28 de xaneiro ás 11 horas no Pavillón Polideportivo Municipal. O mesmo día 28, e tras pechar o prazo sinalado, o Concello procederá a realizar un sorteo público entre as solicitudes para conceder as prazas. Aqueles que resulten beneficiados poderán disfrutar dunha fin de semana na estación invernal de San Isidro (León), onde recibirán clases de esquí e participarán a actividades relacionadas con este deporte. O importe a sufragar, coa subvención da Deputación provincial, é de 36 euros.

22 de xaneiro de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.