O Concello de Cangas comeza o proceso de retirada de vehículos do depósito municipal
O goberno local iniciou os trámites para retirar seis vehículos do depósito municipal. Despois de intentar infructuosamente contactar cos propietarios, procedeuse a publicar no Boletín Oficial da Provincia a notificación trala cal os interesados terán un mes a partir deste venres para proceder a regular a situación dos automóbiles ou no seu caso, comezar os trámites para o seu traslado a un Centro Autorizado de Tratamento para a súa destrucción e descontaminación.
Os técnicos municipais continúan traballando neste cometido e nos últimos días localizouse aos propietarios de outros catro vehículos aos cales se lles comunicou que proceden dun mes para realizar alegacións ou se procederá a súa retirada.
O Concello de Cangas renovou este ano o convenio de prestación do servizo de recollida e tratamento de vehículos fóra de uso coa Deputación de Pontevedra para a retirada deste tipo de vehículos. Dende a Concellería de Medio Ambiente estase a traballar coa idea de retirar todos os vehículos que había acumulados.











