O Concello de Cangas adxudica os contratos para productos de limpeza e uniformes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Hoxe celebrouse a mesa de contratación para o subministro de productos de limpeza e de uniformes para os diferentes departamentos municipais do Concello de Cangas. Na adxudicación do abastecemento de productos de limpeza (lote 1) presentáronse dúas ofertas sendo a adxudicataria a proposta pola empresa Roya Mayline S.L. cunha rebaixa do 5% respecto o prezo máximo marcado nos pregos do concurso e reducindo o prazo de entrega das 72 horas marcadas a 24 horas. Para a adxudicación dos uniformes da Policía Local, Protección Civil (lote 2) e para o resto de operarios municipais (lote 3) houbo unha soa oferta, presentada pola empresa Peycar Pontevedra S.L., que contiña unha reducción sobre o prezo máximo fixado dun 2% e unha reducción do prazo de entrega dos seis días fixados a cinco días. Ambas adxudicatarias deberán presentar en dez días hábiles o resto da documentación requirida.

O Concello de Cangas ten presupostados 11.100 euros para a compra de productos de limpeza, 6.000 euros para uniformes da Policía Local e Protección Civil e 10.500 euros para os uniformes de operarios municipais. Dende o goberno local destácase o aforro acadado nos últimos anos coa adxudicación mediante concursos públicos do subministro de material para os diferentes departamentos municipais.

22 de xaneiro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.