O Concello de Cambre inaugura o XIV Plan Municipal de Formación para o Emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre inaugurou hoxe o XIV Plan Municipal de Formación para o Emprego que constará de varios cursos entre os que destacan os de Soldadura TIG, Monitor de Tempo Libre, Iniciación á Informática,  Branding Persoal e Procura de Emprego, Manipulador de Alimentos, Preparación para Exames de Avaliación en Competencias Crave e Preparación para a obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESA).

Todos os cursos están dirixidos de forma preferente aos veciños en situación de desemprego ou inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Máis de 125 persoas poderán acceder a  estes cursos que se imparten no Centro de Formación de Espírito Santo.

A gran novidade do Plan este ano é a realización de prácticas en empresas tanto nos cursos de Soldadura TIG como na de Monitor de Tempo Libre, algo imprescindible para lograr a mellor cualificación posible de face á inserción laboral. No caso do curso de Monitor de Tempo libre os alumnos que o superen obterán o título oficial para o desenvolvemento da súa ocupación.

Cada curso contará con 15 prazas, excepto os cursos de Monitor de Tempo Libre e Manipulador de Alimentos, que ofertan 25 cada un. No caso de que o número de solicitantes supere ao número de prazas realizarase un proceso selectivo para os cursos de Soldadura e Monitor de Tempo Libre e no resto celebrarase un sorteo público. (Os cursos que non cubran o 80% poderán ser cancelados. O prazo para levar a cabo a preinscrición finaliza o próximo 3 de febreiro e poderase realizar en calquera dos rexistros municipais de Cambre. A todos os alumnos que superen os cursos entregaráselles un diploma acreditativo. A Axencia de Desenvolvemento Local atenderá todas as dúbidas que xurdan respecto diso no 981 613196.

“O que se pretende con estes cursos é incidir na importancia da preparación académica para o acceso aos certificados de profesionalidade que é un dos principais problemas que nos atopamos hoxe en día con moitos solicitantes de emprego. É unha dificultade engadida”, explicou Vázquez.

Doutra banda, a concelleira sostén que a incorporación de cursos como Monitor de Tempo libre e Soldadura TIG responden as demandas reais do mercado laboral actual. “Estes cursos son moi demandados hoxe en día e  así o puidemos comprobar na nosa axencia de desenvolvemento local”, explica.

21 de xaneiro de 2014 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.