publicidade hoxe

O Concello de Cabanas acomete a rehabilitación do Parque Infantil do Barreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O parque infantil situado no Colexio Eladia Mariño de San Martín de Porto ven de ser rehabilitado polo Concello de Cabanas. O proxecto enmarcouse dentro do programa de axudas económicas destinadas a realización de infraestruturas de uso público que sacou o ano pasado a Xunta de Galicia. O mal estado no que se atopaba o parque infantil, polo desgaste sufrido polo paso do tempo, así como o número insuficiente de xogos tendo en conta a cantidade de usuarios do mesmo foi o que levou ó Concello de Cabanas a optar a este proxecto.

Nas actuacións que se levaron a cabo e que deron comezo no mes de decembro do ano pasado, procedeuse por tanto a retirada dos xogos infantís que se atopaban en mal estado. Do mesmo xeito procedeuse a colocación de cinco novos xogos, respectando as áreas de seguridade que marca a normativa vixente. Estas obras de rehabilitación supuxeron un presuposto total de case dez mil euros, estando xa todas elas rematadas e o parque infantil listo para o seu uso.

13 de xaneiro de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.