publicidade hoxe

O Concello de Ares dispón de tres prazas para a campaña de esquí 2014 da Deputación Provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares informa de que dispón de tres prazas para participar na Campaña de Esquí 2014 que organiza a Deputación Provincial da Coruña na estación de montaña de San Isidro (León), entre o 14 e o 16 de febreiro, dentro da primeira quenda na que, ademais de Ares, tomarán parte outros concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

A campaña vai dirixida aos rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2000 e 2003 empadroados/as no concello de Ares que queiran disfrutar nesa fin de semana dun curso de esquí na estación de San Isidro, en réxime de aloxamento e manutención. O custe da actividade é de 36 euros, e inclúe todos os conceptos anteriores así como o desprazamento de ida e volta ata o lugar da actividade, con saída e chegada ao Concello de Ares. Para preinscribírense, é preciso pasar polas dependencias da OMIX do Concello, de 10 a 13 horas polas mañás, ou de 17 a 20 horas polo serán, sendo a data límite de preinscripción o martes 28 de xaneiro, ás 12,30 horas. No caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas dispostas, celebrarase un sorteo público o martes 28 de xaneiro á unha da tarde na Alianza Aresana.

21 de xaneiro de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.