O Concello de Allariz acometerá tarefas de ampliación nos vestiarios da piscina climatizada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Concello realizará neste ano 2014 obras de ampliación dos vestiarios da piscina municipal, xa que nalgúns momentos, as actuais instalacións vense saturadas debido á grande afluencia de persoas usuarias que acoden ao ximnasio e ás diferentes actividades formativas que se desenvolven nestas instalacións.

Estas obras realizaranse con cargo ao Plan Provincial e cunha parte de fondos propios, co obxectivo de mellorar o acceso aos vestiarios ás persoas que realizan actividades de formación, con especial atención aos nenos e nenas que acoden ás instalacións, e que requiren da axuda por parte dos seus acompañantes.

Así mesmo neste ano 2014 está previsto o acondicionamento dos vestiarios exteriores no Campo de Vilanova para instalacións complementarias do Clube de Piragüismo. Esta actividade, que conta cunha grande acollida, ten na actualidade as súas instalacións no Centro Cívico Á Fábrica, pero require dun novo espazo para o almacenamento das piraguas.

21 de xaneiro de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.