O Concello da Coruña solicitará instalar a Policía Local, Seguridade e Mobilidade no antigo edificio da Xefatura Territorial de Sanidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou esta mañá que o Concello da Coruña solicitará á Xunta instalar os servizos de Policía Local, Seguridade e Mobilidade nas antigas instalacións da Xefatura Territorial de Sanidade. Así o avanzou na visita que realizou ao edificio en compañía da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera: “Faremos esta proposta á Xunta, ante a oportunidade que vimos ao quedar as instalacións baleiras, para situar estes servizos municipais sen prexuízo de que siga o 061, que se enmarca ben no uso que queremos dar ao edificio”, sinalou.

O alcalde da Coruña informou de que, tras estudar varias posibilidades, chegouse á conclusión de que as instalacións son idóneas para este uso xa que ofrecen moitas vantaxes que redundarán nunha mellor atención ao cidadán e a optimización dos servizos e recursos: “Poderiamos chegar mellor a todas as zonas da cidade porque permite unha conexión inmediata coa Rolda de Outeiro, a Rolda de Nelle e a Terceira Rolda”, explicou e engadiu que o feito de unificar todos os servizos relacionados coa seguridade e a mobilidade facilitará as xestións e trámites aos cidadáns, ademais da optimización dos recursos.

Carlos Negreira explicou que haberá que estudar as adaptacións que o edificio necesita para acoller aos case 400 traballadores que se terán que establecer nas novas instalacións e todo o parque móbil. Neste sentido asegurou que o persoal da Policía Local ha valorado a súa idoneidade e lembrou que canta cunha capacidade para 100 vehículos.

17 de xaneiro de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.