O Concello da Coruña inicia unha campaña para favorecer a mobilidade e previr estacionamentos indebidos
O tenente de alcalde de Seguridade Cidadá, Xullo Flores, acompañado pola concelleira de Mobilidade, Begoña Freire, reuniuse esta mañá con representantes do sector do transporte de mercadorías, do colectivo moteiro, de colectivo de persoas con diversidade funcional e cos responsables da Compañía de Tranvías para presentar a primeira campaña especial de control de estacionamentos indebidos que levará a cabo a Policía Local neste ano 2014.
“Ao longo de 2014 vanse a desenvolver unha serie de campañas especiais para incidir en aspectos relacionados coas ordenanzas municipais e coa normativa de circulación, que foron planificadas grazas á información facilitada polos colectivos veciñais e sociais dentro das reunións desenvolvidas no Programa de Policía Comunitaria”, sinalou Flores, e continuou: “Estas campañas comezarán cun dispositivo que levará a cabo desde o 27 de xaneiro até 24 de febreiro, co que se pretende favorecer a mobilidade e previr os estacionamentos indebidos”.
O concelleiro informou nesta campaña especial participarán todos os efectivos da Policía Local que traballen nas quendas de mañá, tarde e noite. O obxectivo é que se tome conciencia da necesidade de respectar as normas de circulación e previr malos hábitos que afectan a catro tipos de infraccións que provocan serios trastornos na mobilidade urbana. “Esta primeira fase centrarase nas zonas reservadas a paradas de autobús, zonas de estacionamento de motocicletas, zonas de carga e descarga, e prazas reservadas a persoas con diversidade funcional e mobilidade reducida”, indicou Flores.
OBXECTIVOS
Esta campaña específica leva a cabo para evitar os estacionamentos e aparcadoiros indebidos en zonas da vía pública reservadas a usos específicos ou ás persoas máis vulnerables. “Anunciamos a posta en marcha deste dispositivo especial para que os condutores estean informados con antelación e queremos solicitar a súa colaboración para tratar de evitar as sancións que levan estes estacionamentos indebidos”, sinalou Flores, e continuou: “Sabemos que a maioría das persoas son respectuosas e solidarias cos demais en materia de mobilidade, pero aínda hai condutores que estacionan indebidamente en zonas que causan un gran trastorno ao transporte público, aos usuarios das motocicletas, ao colectivo do transporte de mercadorías ou ás persoas con mobilidade reducida que necesitan dispor das súas prazas de aparcadoiro libres de coches non autorizados”.
Ao longo do pasado ano 2013, a Policía Local ha levado a cabo un seguimento exhaustivo dos estacionamentos indebidos nestas zonas reservadas a usos específicos e tramitou un total de 8.247 denuncias. “O obxectivo para este ano é tratar de concienciar aos cidadáns de que non estacionen indebidamente nestas zonas e lograr así que se mellore a mobilidade e que diminúan as sancións”, sinalou.
Flores destacou que a Policía Local continuará colaborando coas campañas especiais da Dirección Xeral de Tráfico ao longo de 2014 (cinto de seguridade, transporte escolar, control de velocidade, alcoholemias,…) e paralelamente desenvolverá unha serie de dispositivos propios encamiñados a reforzar o cumprimento das ordenanzas municipais e as normas de circulación, nas que se enmarca esta primeira iniciativa.











