O Concello da Coruña inicia os preparativos da VIII Coruña10, VINA Coruña21 e a III Maratón Atlántica Coruña42

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, mantivo un encontro co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, no que abordaron a organización do Campionato de España de Media Maratón, a III Maratón Atlántica Coruña42 e a VIII Coruña10, tres importantes probas nacionais que, ano tras ano, consolídanse como citas ineludibles no calendario deportivo. Así, o 23 de febreiro, terá lugar o Campionato de España de Media Maratón, en coincidencia con VINA Coruña 21; o 27 de abril, celebrarase a III Maratón Atlántica Coruña42; e, finalmente, o 5 de outubro a VIII Coruña10.

O responsable de Deportes destaca o incremento no número de participantes nas carreiras, consolidándose A Coruña como unha das cidades con máis afección polo atletismo. Neste sentido, Francisco Mourelo subliña que as cifras mostran claramente este crecemento. Así, a proba Coruña10 pasou de 200 inscritos en 2007 a 3.246 en 2013; Coruña 21, de 863 en 2010 a 1.215 en 2013; e Coruña42 + 10 k, que se disputa desde 2012, consolídase como unha das probas máis participativas cunha media de 2.000 participantes.

O traballo continuado que está a levar a cabo o Goberno municipal na promoción e apoio destas probas, que se complementan coa disputa do circuíto municipal de carreiras populares Coruña Corre, a recente San Silvestre e o interese de cada vez máis circuítos como a Carreira da Muller ou as Running Series; está a converter a cidade nun referente a nivel estatal, potenciada ademais coa celebración o ano pasado do campionato de España de maratón e, o próximo mes, coa disputa do nacional de media maratón absoluto e veterano.

18 de xaneiro de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.