O Concello da Coruña abre o prazo para solicitar a tarxeta de residentes na zona ORA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa de que desde hoxe, martes 7 de xaneiro, e até o 28 de febreiro, estará aberto o prazo para solicitar o cartón de residentes que habilita aparcar nas zonas da ORA nos diferentes barrios da cidade. A área de Tráfico sinala que unha vez transcorrido o prazo unicamente poderanse solicitar aqueles cartóns para novos vehículos, cambio de domicilio ou outras causas debidamente xustificadas.

Do mesmo xeito que o ano anterior, o Concello habilitou unhas oficinas na Estación de Autobuses (entrada principal), sita en cálea Cabaleiros número 21, que estarán abertas ao público de luns a venres e en horario de 8.00 a 14.00 horas.

O cartón de residente solicitarase mediante instancia, na que se expresará a matrícula do vehículo e terase que achegar a seguinte documentación: fotocopia do DNI, o permiso de circulación do vehículo e o xustificante de pago da póliza do seguro obrigatorio en vigor.

Para a concesión do cartón de residentes deberán cumprirse os seguintes requisitos, ademais de abonar a taxa establecida na Ordenanza Fiscal nº 21 por un importe de 18,65 euros:

– Ser persoa física, excluíndo en todo caso as xurídicas.

– Ter o domicilio dentro do perímetro de zona ORA.

– Ser titular do vehículo para o que se solicita o cartón.

– Estar ao corrente de pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica no Concello, ou gozar de exención.

– Non ter pendente de pago en vía executiva sancións de circulación co Concello no momento de efectuar a solicitude.

En 2013 tramitáronse un total de 3.506 cartóns de residentes, das que 2.886 realizáronse na campaña de xaneiro e febreiro, e 620 o resto do ano con motivo de cambios de domicilio ou novos vehículos.

7 de xaneiro de 2014 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.